Extraordinario ano escolar!
E non o dicimos por mor da crise sanitaria! Trátase dun ano no que lembramos a dous extraordinarios creadores en lingua galega. Un home e unha muller que cada un ao seu xeito traballaron a prol da nosa literatura.
Seguro que tod@s lembrades este vídeo que nos acompañou durante o confinamento e nos axudou a coñecer a figura de Ricardo Carbalho Calero
Xa neste curso, no mes de novembro, puidemos celebrar un correlingua diferente pero divertido e reivindicativo como todos.
A partir de agora tócalle a XELA ARIAS ser o centro da nosa atención e permitirnos coñecela.
Comentarios
Publicar un comentario