25/4/21
5º A PREMIO PROVINCIAL DO 37 CONCURSO ESCOLAR ONCE
Ao longo do segundo trimestre, os grupos de 6º, 5ºA, 5ºB e 3º traballaron sobre os perigos de internet e como realizar unha navegación segura e sen adiccións, unha actividade promovida pola organización ONCE no 37 concurso escolar titulado este curso: Conexion, adiccioff.
Este traballo tiña como colofón a elaboración dunha cuña radiofónica alertando sobre os perigos e aconsellando sobre as accións de prevención de perigos.
Todos os grupos traballaron con interés e gozando da elaboración do traballo pero, ademáis, o grupo de 5º A tivo a recompensa de resultar campeón provincial do concurso. Neste enlace poderás escoitar as cuñas radiofónicas gañadoras das distintas provincias e, por suposto, a d@s compañeir@s vencedor@s.
https://www.concursoescolaronce.es/ganadores/?t=provincial
A entrega do premio, unha lente de ollo de peixe para cada participante e para a súa profe, non puido ser tan lucida como nos gustaría por mor das normas actuais así que o alumnado de 5º B actuou como representación de todo o cole.
PARABÉNS Á AULA GAÑADORA!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
REMATAMOS O ANO!! Para rematar o ano, o alumnado de primaris, foi pedir o aguinaldo polas clases, cantando cantos tradicionais do Nadal...
-
O día de hoxe o alumnado de 3º a 6º de primaria disfrutamos da obra "O mundo está roto pero pódese camiñar" no auditorio de Cangas...
-
No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...
-
Outro ano para homenaxear a nosa lingua. Nunha situación tan diferente, houbo que reinventar a celebración e optamos polo festivo: canto e b...
No hay comentarios:
Publicar un comentario