15/5/21
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
Outro ano para homenaxear a nosa lingua. Nunha situación tan diferente, houbo que reinventar a celebración e optamos polo festivo: canto e baile, ao aire libre para cumplir coa seguridade imprescindible, coa distancia regulamentaria, en burbullas... pero encantad@s de poder celebrar.
O tempo colaborou cunha illa soleada nun mundo de chuvia.
Os preparativos comezaran semanas antes, cos obradoiros de baile organizados por Manolo Cobas que logrou facernos bailar a tod@s en 3 sesións, grazas Manolo!
Pola súa banda, a profe de música preparou, con todos os cursos, a canción "Lingua Guapa" de Fina Casalderrey e Néstor Blanco. Co baile e canción listos, só quedaba que o alumnado elixise as súas palabras preferidas do vocabulario galego e que podedes ver na presentación que sigue .
Non podemos esquecer que, entre tanto, Geni e os maiores colaboraron na elaboración dunha regueifa dos coles do Morrazo para a celebración, probablemente en setembro, do Correlingua. Esta é a aportación do noso cole:
O día 14 todo estaba listo para a celebración, ata o tempo!
Así que, comezamos coa presentación do acto e da autora homenaxeada a cargo do alumnado de 6º encargado tamén de iniciar a danza, seguida a continuación polo resto do Centro. Os vídeos ofrecen os mesmos momentos dende dúas perspectivas:
Cantamos a canción de Fina Casalderrey, bailamos algunhas danzas do mundo, como esta do Camiño de Viseu
e nas aulas seguimos disfrutando e aprendendo sobre Xela Arias, a súa poesía e a nosa lingua.
Gustounos o día! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
REMATAMOS O ANO!! Para rematar o ano, o alumnado de primaris, foi pedir o aguinaldo polas clases, cantando cantos tradicionais do Nadal...
-
O día de hoxe o alumnado de 3º a 6º de primaria disfrutamos da obra "O mundo está roto pero pódese camiñar" no auditorio de Cangas...
-
No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...
-
Outro ano para homenaxear a nosa lingua. Nunha situación tan diferente, houbo que reinventar a celebración e optamos polo festivo: canto e b...
Ola nenas e nenos, non teño palabras para expresar os sentimentos ao ver a todo o cole bailando unha muiñeira. Sodes @s mellores!!!!
ResponderEliminarViva o Cole do Hío.
Viva o GALEGO.