En non poucas ocasións a celebración dun día supón prorrogar unha actividade ao longo do tempo. Foi o caso desta nosa actividade que comezamos no Día de Rosalía, rematamos algúns meses máis tarde e só agora logramos subir ao noso blog.
Quédanos moito por practicar sobre música, poesía, edición de vídeo... Pero foi divertido traballalo todo xunto. Aprendemos moito sobre Rosalía.
O contido das rimas traballámolo entre tod@s ao igual que a base rítmica. A edición traballámola individualmente con maior ou menor éxito. O que figura a continuación é o traballo de edición levado a termo por Tomé. Gústanos o resultado!
Comentarios
Publicar un comentario