Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a nosa lingua. Nesta data cunha “recén estreada normalidade” optamos de novo por un día de festa con canto e baile ao aire libre, aínda que o tempo non nos permitiu que se fixera totalmente deste xeito.
Comezamos xa
cos preparativos varias semanas antes, cos obradoiros de baile organizados por
Manolo Cobas, que logrou unha vez máis, facernos bailar a tod@s. GRAZAS!
Este ano tamén tivemos o recitado de poemas por parte da profe Elena. E ademáis, a profe de música preparou con todos os cursos a interpretación e baile da canción “Terra” das Tanxugueiras. E como non podía faltar, o compromiso do noso alumnado e profesorado coa colaboración dos presentadores de 6º; a actuación das “Minitanxu”, “As Dragoas de Lume”, “Os Interestelares” ; e a decoración dos carteis cos poemas de Florencio Delgado Gurriarán.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!! PICADE AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario