CELEBRACIÓN CONXUNTA SAMAÍN E MAGOSTO.

Polo Samaín contamos lendas nas aulas, sobre os seres mitolóxicos galegos como o "Can do Urco" ou a "Santa Compaña", despois fomos escoitar un conto de medo á biblioteca. Os de 1º ciclo escoitaron da boca da propia bruxa o conto de "Hansel e Gretel", os de 2º ciclo unha terrorífica historia "O ano en que os pitos perderon a cabeza" e aos do 3º ciclo un intrigante personaxe vestido de negro contoulles un historia arrepiante. Ao rematar de escoitar as historias escribimos os nosos medos e metémolos na pota da bruxa para queimar e facelos desaparecer. Os nenos e nenas de Infantil contaron cun contacontos terrorífico y numerosas propostas vinculadas a esta festividade. A continuación fomos ao salón de actos para que os máis e as máis valentes meteran as mans nunhas caixas espeluznantes. Todo acompañado de escuridade, música inquietante e cabazas de siluetas alumeantes. Viva o Samaín! Ademais, tamén celebramos o magosto cos nosos tradicionais xogos populares.
https://bibliotecahio.blogspot.com/2024/11/o-noso-samaon.html

Comentarios