A semana pasada o alumnado de 6º de Educación Primaria gozou dunha charla promovida polo Concello de Cangas e impartida por Marcos, Educador Ambiental. Abordaron contidos relacionados co Bosque Atlántico e as especies autóctonas da zona.
Dando continuidade a esta actividade, hoxe gozaron dunha xornada internivel cos nenos e nenas de Educación Infantil na que levaron a cabo unha plantación de árbores autóctonas en colaboración coa Comunidade de Montes do Hío.
O noso agradecemento á Comunidade de Montes do Hío por estar sempre dispostos ao desenvolvemento destas estupendas actividades vivencias para os nosos nenos e nenas.
Comentarios
Publicar un comentario