ARCOS DE ENTROIDO

Para prepararnos para a celebración do noso Entroido tradicional contamos coa colaboración da AFA e comunidade educativa para elaborar os arcos tradicionais que decoran o centro e que reproducen os elaborados pola veciñanza de cada aldea para engalanalas para a celebración do entroido e dar a benvida ás demais comparsas.

Este ano, por mor das condicións climatolóxicas, non foi posible confeccionar o gran arco da entrada exterior, pero grazas á comunidade educativa foi posible pasar unha tarde agradable colaborando para manter as nosas tradicións.



Un ano máis, agradecer a colaboración da AFA e ás familias, alumnado e profesorado por manter viva esta tradición do entroido do Hío.

Comentarios