LIMPEZA DA CHARCA

 Esta semana por fin puidemos realizar o obradoiro de limpeza das charcas do cole, onde o alumnado recibiu charlas sobre como realizala, as plantas que debemos eliminar porque son invasoras e os animais que podemos atopar nelas. Toda unha xornada na natureza e aportando a nosa contribución ao coidado do medio ambiente e dos ecosistemas cercanos.


Comentarios