No mes de abril, o alumnado de 5º participou nun obradoiro de sementeira do liño impartido pola tecelá Sandra Bastón, veciña do Hío, que lles amosou a base do proceso a partir do cal se pode obter o liño.
Agora só lles queda ter paciencia e ir observando como crece, ata que poidan facer a recollida e rematar o proceso ata a obtención do tecido.





Comentarios
Publicar un comentario