Nos últimos días o alumnado de 5º e 6º participou nunha charla sobre os mamíferos mariños promovida polo servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cangas e realizada por CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños).
Nela puideron coñecer máis sobre os mamíferos mariños que podemos observar nas nosas costas, ampliando os coñecementos e vocabulario sobre os mesmos.
E remataron a sesión realizando un simulacro na praia de Vilariño de como actuar en caso de varamento e rescate.






Comentarios
Publicar un comentario