Que pasa coa lingua

24/10/24

 50 ANOS DO COLE


Benvidos/as ao curso 2024/2025, un curso moi especial no que celebramos o 50 aniversario do noso cole. Vivenciaremos os cambios que sucederon ao longo destes anos. Esperamos a vosa colaboración como parte da nosa comunidade educativa!

26/6/24

CONSTRUINDO O NOSO PATRIMONIO CON REFUGALLO

En coordinación co CEIP da Rúa o noso centro participou na realización de maquetas con refugallo sobre o patrimonio natural e cultural de Cangas. Despois de estar exposto no nose cole pasou a estar na casa da cultura de Cangas.

15/6/24

SEMANA DO TEATRO

Este curso o proxecto anual "Xogando a ser" rematou coa interpretación das obras que se se traballaon en cada nivel. 

No seguinte enlace podedes ver o gran traballo do noso alumnado.


SEMANA DO TEATRO

17/5/24

LETRAS GALEGAS

O 16 de maio celebramos o día das letras galegas: o alumnado de 6º investigou sobre Luisa Villalta e trasmitiuno pola radio, bailamos e disfrutamos de actuacións musicais e do coro. No enlace seguinte tendes un resumo delas.

LETRAS GALEGAS 

7/5/24

CORRELINGUA 2024

 DENDE AQUÍ ATÉ ACOLÁ, GALEGO XA! Un ano máis o colexio do Hío participou no correlingua, manifestándonos e percorrendo as rúas de Bueu en prol do galego. Despois de escoitar o manifesto poidemos disfrutar da actuación de Gramola Gominola na praza de Masó.






 50 ANOS DO COLE Benvidos/as ao curso 2024/2025, un curso moi especial no que celebramos o 50 aniversario do noso cole. Vivenciaremos os cam...