Que pasa coa lingua

28/5/22

O CORRELINGUA 2022

 O Correlingua deste ano celebrouse no Auditorio de Cangas, coa actuación de Pablo Díaz. Como o aforo era limitado, foron os nosos nen@s  de Infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria os que tiveron a sorte de poder asistir en directo.

Dúas ex-alumnas do CEIP do Hío participaron na lectura do manifesto da FESTA DA LINGUA.



17/5/22

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022

 Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a nosa lingua. Nesta data cunha “recén estreada normalidade” optamos de novo por un día de festa con canto e baile ao aire libre, aínda que o tempo non nos permitiu que se fixera totalmente deste xeito.

Comezamos xa cos preparativos varias semanas antes, cos obradoiros de baile organizados por Manolo Cobas, que logrou unha vez máis, facernos bailar a tod@s. GRAZAS!

Este ano tamén tivemos o recitado de poemas por parte da profe Elena. E ademáis, a profe de música preparou con todos os cursos a interpretación e baile da canción “Terra” das Tanxugueiras. E como non podía faltar, o compromiso do noso alumnado e profesorado coa colaboración dos presentadores de 6º; a actuación das “Minitanxu”, “As Dragoas de Lume”, “Os Interestelares” ; e a decoración dos carteis cos poemas de Florencio Delgado Gurriarán.     

MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!       PICADE AQUÍ




7/5/22

REGUEIFANDO!

O Ceip do Hío participou outro ano máis no concurso de regueifas de Galicia. Se queres ver o vídeo con todas as actuacións, pica na imaxe. A actuación dos nosos participantes está a partires do minuto 14.

ACTIVIDADES DE LUISA VILLALTA

 No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...