Que pasa coa lingua

30/11/23

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe remata "O Mes da Ciencia en Galego". A través dos QR podedes acceder a diferentes traballos feitos polo noso alumnado.

24/11/23

Día internacional contra a violencia de xénero

Hoxe o alumnado de Primaria de CEIP do HIO achegámonos a Cangas ao manifesto do día en contra da violecia de xénero. Xunto con outros coles e IES da zona reivindicamos un mundo se violencia contra as mulleres. Cantamos "Sempre combativas" do grupo Enxebres.

22/11/23

O día da música

Hoxe celebrouse a 13ª edición do Festival do día da música do CEIP do Hío. Podemos disfrutar dunhas emotivas actuacións grazas a participación do alumnado, profesorado, familias e antigos alumnos e alumnas.

15/11/23

10/11/23

TEATRO NO AUDITORIO XOSÉ MANUEL PAZOS

O día de hoxe o alumnado de 3º a 6º de primaria disfrutamos da obra "O mundo está roto pero pódese camiñar" no auditorio de Cangas. Esta obra traducida ao galego por Cándido Pazó cóntanos a historia de como un pai comunícase coa sua filla a traves de avións de papel. Os avións teñen mensaxes cos que deberá descubrir diferentes obras literarias coa axuda dunha biblotecaria
.

8/11/23

CONCURSO DE TROMPOS

Polo San Martiño, trompos ó camiño. Deixade voar a vosa imaxinación e decorade os trompos co tema deste curso realacionado co teatro.

7/11/23

OS XOGOS TRADICIONAIS

Un ano máis os alumnos de sexto foron os monitores dos xogos tradicionais que tiveron lugar durante a primeira semana de novembro. A rá, o aro, os birlos, os zancos, os pelouros, ou a corda foron algún deles. Cal é o que máis che gusta?

6/11/23

RECEITAS DE SAMAÍN

O alumnado de primeiro e segundo ciclo eleboraron diferentes receitas coa temática de Samaín. Quedaron terroríficas pero moi saborosas. Pasámolo de medo!

ACTIVIDADES DE LUISA VILLALTA

 No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...