Que pasa coa lingua

23/2/21

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

 Como cada ano, esta semana adicámola a lembrar a figura da nosa escritora máis universal. Para iso o Equipo de Normalización e Dinamización preparou un banco de recursos que tod@s poidemos utilizar. 

Agradecemos a xenerosidade de tod@s as persoas que poñen á disposición da comunidade educativa os seus traballos. Moitos deles utilizados directamente e outros porque puidemos usalos na elaboración dos nosos.

Esperamos que teñan sido de utilidade nas aulas e que vos sirvan a vós para disfrutar de Rosalía en familia. 

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!


20/2/21

ENTROIDO 2021 (II)

  Tiñamos pendiente coñecer a opinión d@s maiores do cole sobre o entroido deste ano. Ao ser elas eles os que máis experiencia teñen en entroidos escolares, interésanos moito o que nos teñen que dicir.

Por outra banda, ao estar a vivir o seu último ano con nós queriamos saber que este foi un entroido feliz aínda que fose raro...

Non vos dicimos máis. Lede as opinións de primeira man


Hecho con Padlet

17/2/21

ENTROIDO 2021

 


A festa deste ano, que non se puido celebrar, tivo no noso cole unha versión adaptada.

En opinión do alumnado de 5º B, que podedes coñecer pinchando o enlace, non estivo de todo mal!:

5º OPINA

E os maiores do cole, que opinarán? Esperamos, a partir do xoves, o seu parecer nun elace que estará a súa disposición para que publiquen o que pensaron... Interésanos o punto de vista dos maiores do cole!!

 E ti? Queres dar a túa opinión ou contar algo sobre o Entroido 2021? Pois envíanolo ao correo do Equipo de Normalización e publicámolo a continuación, anímate!!

E se non sabes como foi a festa, visita as presentacións no blog da Biblioteca de Agata e Paco. Gustaránche!

 


1/2/21

COMEZAMOS!

 Benvidas e benvidos ao comezo da nosa publicación. Esperamos que sexa a continuación da longa historia de coidado e defensa do galego que sempre caracterizou ao cole do Hío.

ACTIVIDADES DE LUISA VILLALTA

 No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...