Que pasa coa lingua

25/2/23

OBRADOIRO DE MÚSICA DE RAÍZ


 O venres 24 de febreiro quixemos seguir homenaxeando a nosa Rosalía cun obradoiro da Fundación Legar a cargo do erudito da nosa música de raíz Xavier Blanco, o seu fundador; e Martina, a súa presidenta.

Descubrimos como se pode facer música con elementos da natureza, aperos agrícolas e outros utensilios!

22/2/23

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

 


Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2023
CUMPRIUSE A XUSTIZA
Salvádeme, berrei. Axudáime, berrei, berrei, berrei…                    (Rosalía de Castro)




A Fundación Rosalía de Castro convídanos a saber máis da nosa escritora universal https://rosalia.gal/


Aquí tedes un recurso feito en anos anteriores, que por ser tan interesante, poñemos de novo a vosa disposición. https://hioengalego1.blogspot.com/2021/02/

 Agradecemos a todas as persoas que poñen á disposición da comunidadee educativa os seus traballos realizados.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!




18/2/23

E CHEGOU O NOSO ENTROIDO!!

 Este venres celebramos o noso Entroido acompañados dos gaiteiros, familiares e toda a comunidade educativa. Un ano máis quixemos poñer en valor o Entroido tradicional do Hío. 

Moitas grazas a tod@s!! Aquí podedes ver un resume da xornada.

PICADE AQUÍ


13/2/23

PREPARANDO O NOSO ENTROIDO

 Os/as presidentas de cada comparsa xa están cos preparativos do entroido: cancións, percorridos... e como non, OS ESTANDARTES!



ENCONTRO COAS PRESIDENTAS DO ENTROIDO DO HÍO

 Leticia, Dori e Rocío explicáronlle aos futuros presidentes como é o protocolo dos pases das comparsas no entroido tradicional do Hío.



8/2/23

O PROCESO DO LIÑO

 Hoxe volveu a estar connosco a nosa veciña artesá, Sandra. O alumnado de 6º que xa tivo a remollo a colleita do ano pasado, continuou co proceso tan laborioso de mazar, espadelar, rastrelar e fiar o liño.

Fixérono a ritmo do Tequele tequele. FOI MOI INTERESANTE!



ACTIVIDADES DE LUISA VILLALTA

 No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...