Que pasa coa lingua

25/4/21

25 DE ABRIL

Como cada 25 de abril, lembremos a Revoluçao dos Cravos no ano 1974, na veciña Portugal. Unha revolución pacífica que podedes coñecer, aqueles/as que sodes moi nov@s para ter oído falar dela, nos siguientes enlaces. https://gl.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_dos_Caraveis nesta páxina atoparedes a información en galego. https://pt.wikipedia.org/wiki/Revolu%C3%A7%C3%A3o_de_25_de_Abril_de_1974 e esta entrada para @s que vos deades a ocasión de entender o portugués.

5º A PREMIO PROVINCIAL DO 37 CONCURSO ESCOLAR ONCE

Ao longo do segundo trimestre, os grupos de 6º, 5ºA, 5ºB e 3º traballaron sobre os perigos de internet e como realizar unha navegación segura e sen adiccións, unha actividade promovida pola organización ONCE no 37 concurso escolar titulado este curso: Conexion, adiccioff. Este traballo tiña como colofón a elaboración dunha cuña radiofónica alertando sobre os perigos e aconsellando sobre as accións de prevención de perigos. Todos os grupos traballaron con interés e gozando da elaboración do traballo pero, ademáis, o grupo de 5º A tivo a recompensa de resultar campeón provincial do concurso. Neste enlace poderás escoitar as cuñas radiofónicas gañadoras das distintas provincias e, por suposto, a d@s compañeir@s vencedor@s. https://www.concursoescolaronce.es/ganadores/?t=provincial A entrega do premio, unha lente de ollo de peixe para cada participante e para a súa profe, non puido ser tan lucida como nos gustaría por mor das normas actuais así que o alumnado de 5º B actuou como representación de todo o cole. PARABÉNS Á AULA GAÑADORA!!!

ACTIVIDADES DE LUISA VILLALTA

 No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...