Que pasa coa lingua

15/5/21

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Outro ano para homenaxear a nosa lingua. Nunha situación tan diferente, houbo que reinventar a celebración e optamos polo festivo: canto e baile, ao aire libre para cumplir coa seguridade imprescindible, coa distancia regulamentaria, en burbullas... pero encantad@s de poder celebrar. O tempo colaborou cunha illa soleada nun mundo de chuvia. Os preparativos comezaran semanas antes, cos obradoiros de baile organizados por Manolo Cobas que logrou facernos bailar a tod@s en 3 sesións, grazas Manolo! Pola súa banda, a profe de música preparou, con todos os cursos, a canción "Lingua Guapa" de Fina Casalderrey e Néstor Blanco. Co baile e canción listos, só quedaba que o alumnado elixise as súas palabras preferidas do vocabulario galego e que podedes ver na presentación que sigue .
Non podemos esquecer que, entre tanto, Geni e os maiores colaboraron na elaboración dunha regueifa dos coles do Morrazo para a celebración, probablemente en setembro, do Correlingua. Esta é a aportación do noso cole:
O día 14 todo estaba listo para a celebración, ata o tempo! Así que, comezamos coa presentación do acto e da autora homenaxeada a cargo do alumnado de 6º encargado tamén de iniciar a danza, seguida a continuación polo resto do Centro. Os vídeos ofrecen os mesmos momentos dende dúas perspectivas:
Cantamos a canción de Fina Casalderrey, bailamos algunhas danzas do mundo, como esta do Camiño de Viseu
e nas aulas seguimos disfrutando e aprendendo sobre Xela Arias, a súa poesía e a nosa lingua. Gustounos o día! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

12/5/21

ARREDOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dende hai unhas semanas, o cole do Hío anda enleado en actividades para celebrar o día das nosas letras. Non será posible facelo como outros anos pero iso non nos vai parar! Seguide atent@s ás nosas publicacións se queredes coñecer as actividades realizadas. E se queredes xogar coa nosa autora,non perdades o día 17 as actividades elaboradas polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística. Pero sobre todo, non perdades a ocasión de achegarvos a unha voz poética imprescindible na nosa lingua. A siguiente presentación quere servir de pequena achega á súa vida e obra aínda que, se de verdade queremos coñecer á escritora, o mellor xeito é ler a súa poesía!

ACTIVIDADES DE LUISA VILLALTA

 No seguinte enlace podedes consultar diferentes actividades en liña e en papel sobre Luísa Villalta do Seminario Galán. http://seminariogal...