Que pasa coa lingua

8/1/25

 REMATAMOS O ANO!!

Para rematar o ano, o alumnado de primaris, foi pedir o aguinaldo polas clases, cantando cantos tradicionais do Nadal. O grupo "Eche o que hai" veu visitarnos coma todos os anos e xuntos compartimos cancións e bailes tradicionais. Viva o galego e viva a música que nos une.
 
 https://vimeo.com/1042503548

 UN COLE INCLUSIVO

 Os profes de Educación Física, María e Juan, estiveron traballando moito para organizar as segundas Paralimpíadas do Hío. O alumnado do Colexio Juan XXIII  veu pasar unha estupenda xornada con nós e a participar en todas as probas inclusivas da paralimpíada. Agradecemos a colaboración das familias e a deliciosa chocolatada que nos preparou a AFA, con biscoito incluído!

 <iframe title="vimeo-player" src="https://player.vimeo.com/video/1039288336?h=a847dce7cc" width="640" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 

CONTRA A VIOLENCIA 25N 

Os colexios de Cangas reunímonos no auditorio e cada un fixo a súa proposta. A nosa proposta foi a de cantar a cancion "Que non mo neguen" das Tanxugueiras e ir escribindo palabras do Benquerer en diferentes cores, e palabras do malquerer en negro. Tod@s temos a esperanza de que algún día non sexa necesario visibilizar este dia e erradicar dunha vez por todas comportamentos machistas da sociedade. Que non vos neguen o dereito á libertade.

https://vimeo.com/1033224002 

 

 REMATAMOS O ANO!! Para rematar o ano, o alumnado de primaris, foi pedir o aguinaldo polas clases, cantando cantos tradicionais do Nadal...